Nordés Ancín ofrecerá formación en Revit MEP Avanzado co Bono Talento Empresa
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, a través da Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego, ofrece esta axuda "Bonos Talento Empresa", dirixida ás empresas, para impartir accións formativas de carácter non formal, de curta duración, de entre 16 e 100 horas, dirixidas aos seus traballadores, para financiar o investimento na capacitación do seu persoal, co obxectivo de mellorar o seu rendemento e capacidades e, dese modo, incrementar a súa competitividade.
Este procedemento está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027. Obxectivo político 4: “Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, para que as persoas traballadoras ocupadas participantes nos proxectos formativos das entidades beneficiarias melloren as súas habilidades.
O obxectivo da acción formativa, REVIT MEP AVANZADO, que se impartirá en Nordés Ancín, é adquirir as competencias clave para afrontar con éxito os retos do sector da Arquitectura, Enxeñaría e Construción (AEC), optimizando os procesos de deseño e construción mediante un manexo experto de Revit no seu nivel avanzado.