Nordés Ancín ofrecerá formación en Familias BIM co Bono Talento Empresa. O curso comezará o 02/06/2025 e desenvolverase durante os meses de xuño e setembro (65 horas en total).
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, a través da Subdirección Xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego, ofrece estas axudas dirixidas ás empresas, "Bonos Talento Empresa", para impartir accións formativas de carácter non formal, de curta duración, de entre 16 e 100 horas, dirixidas aos seus traballadores, para financiar o investimento na capacitación do seu persoal, co obxectivo de mellorar o seu rendemento e capacidades e, dese modo, incrementar a súa competitividade.
Este procedemento está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027. Obxectivo político 4: “Unha Europa máis social e inclusiva mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, para que as persoas traballadoras ocupadas participantes nos proxectos formativos das entidades beneficiarias melloren as súas habilidades.
O obxectivo da acción formativa é adquirir as competencias necesarias para crear, modificar e adaptar obxectos BIM segundo as necesidades específicas dun proxecto, mellorar a eficiencia e precisión no traballo, o cal é fundamental en proxectos complexos ou de alta especificidade.